Espazo no que queremos compartir as nosas experiencias con toda a comunidade educativa
22 dic 2011
Visita á Facultade de Ciencias da Información
O programa campUSCulturae da USC celebrou o venres 9 de decembro na Facultade compostelá de Ciencias da Comunicación unha festa educativa destinada a escolares de toda Galicia de conmemoración do Día Internacional da Radio e da Televisión a favor da Infancia enmarcada na semana da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
A celebración xirou en torno á difusión a través dos medios de comunicación -principalmente da radio e da TV- de traballos realizados co propósito de sensibilizar á sociedade coa intervención e desde a perspectiva da infancia como aposta de futuro para construír novas dinámicas e fomentar unha visión integradora e plural da vida e do mundo.
Organizáronse obradoiros de teatro, televisión, radio, percusión, maxia...
Durante a mañá participamos na gravación dun programa de televisión e nun obradoiro de teatro.Ademáis puidemos ver a performance de creación teatralizada ‘Living Room’ a cargo do actor Joshua McCarey que empregando novas tecnoloxías concienciou sobre a importancia das minorías. Na xornada da tarde, puidemos ver un precioso filme "La estrella alcanzar" a favor da diversidade coa axuda de inmigrantes que axudaron a comprender outras formas de vida grazas á recreación dos seus costumes. A actuación de un mago e os músicos do Val Miñor puxeron o final a unha fantástica xornada na que aprendemos moitísimas cousas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario