10 ene 2012

O Nadal da nosa escola

E coa chegada do inverno e do frío, o ano 2011 remata. Agardamos un ano 2012 cheo de ilusión, traballo e novas experiencias para compartir na nosa escola. Durante as datas de Nadal, coñecemos as diferentes maneiras de celebrar esta festa. Como viñemos facendo outros anos, adornamos o centro cunha árbore confeccionada cos adornos que trouxestes das vosas casas. Este ano resultou unha fermosa e orixinal árbore de piñas e pompóns. Tamén atopamos distintas personaxes navideñas que se achegan ás nosas casas con agasallos. Papá Noel, Os Reis Magos, O Apalpador... Nós quixemos plasmalo a través dalgunhas actuacións en homenaxe ás Maxestades que outra vez pasaron un ratiño por aquí a recoller as nosas cartas e a repartirnos moita ilusión. Agradecemos o traballo feito pola ANPA, que sempre nos axuda a organizar esta festa. Agardamos poñer en breve as nosas actuacións. Mentras, deixamos unha lembranza do que foi o noso Nadal. Esperamos e desexamos para todos un PRÓSPERO ANO 2012!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario