22 dic 2011

Visita de Protección Civil e Bombeiros

O pasado día 7 de Decembro tivemos unha grata visita no noso cole. Algúns membros de Protección Civil e Bombeiros viñeron a ensinarnos moitas cousas para mellorar a nosa seguridade. Entre outras, mostráronnos cómo debemos actuar en caso de incendio. Practicamos facendo simulacros e puidemos ver dende moi cerca os vehículos que empregan cada día no seu traballo. Sempre son unha visita moi agradable e divertida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario