10 feb 2011

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

Escena da ópera Cincenta de Rossini

   O pasado luns, 31 de xaneiro tivemos oportunidade de ver " A Cincenta" de Rossini no Auditorio de Galicia, que era unha ópera adaptada para o público infantil.
   Os actores estiveron estupendos e  tiñan unha voces incribles. E coma sempre, Cincenta atopou o amor  pero non sen antes ter que esquivar as malas artes das súas dúas medio irmás.Toda unha aventura na que non faltou nin o carruaxe. Iso si, no canto dunha malvada madrasta, aparecía, Don Magnífico, un padrasto moi malo, que lle facía a vida imposible á pobre Cincenta.
    Para non perder detalle, durante toda a actuación estivemos acompañados por unha simpática ratiña que nos ía contando a historia.

   Aquí debaixo podedes ver algunhas fotos de antes do concerto.





No hay comentarios:

Publicar un comentario