24 feb 2011

125 aniversario de Castelao

   No cole sempre temos moi presente a figura de Castelao, pero este ano tivémola máis ca nunca xa que se cumpría o 125 aniversario do seu nacemento. Para celebrar este acontecemento tan sinalado fixemos diversas actividades.
   Para decorar o colexio os nenos/as de Infantil, 1º, 2º e 3º fixeron un mural a base de boliñas de papel que  representaba a faciana de Castelao. Pola súa parte, os nenos/nenas de 4º, 5º e 6º pintaron un mural onde se ve a Castelao de corpo enteiro.
   Tamén tivemos unha lectura de contos de Castelao no salón de actos. Este acto estivo presidido polo director do colexio, que  pronunciou unhas palabras enxalzando a figura do autor de Rianxo.
  Podedes ver as fotos de todas estas actividades na presentación que vos achegamos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario