1 feb 2011

O Día da Paz



  
O venres pasado celebramos o Día da Paz no colexio. Esta vez fixemos uns ladrillos para construír un muro. Eses ladrillos levaban escritas neles unha palabras moi "especiais" xa que o muro ía ser derrubado. Palabras coma violencia, guerra ou xenreira foron derrubadas con el;quixemos destruír todas aquelas cousas que nos impiden vivir en paz, que fan que as nosas vidas sexan menos felices.
   Como podedes ver nas imaxes o muro quedou totalmente derruído e, despois de ver como caía, xuntamos todos e todas as nosas mans e cantamos a canción  Abre a muralla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario