26 mar 2010

DE EXCURSIÓN POR RIANXO. Aula Activa, Museo do Mar e Teatro.

Onte pola mañá fixemos unha saída a Rianxo. Os nenos e as nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo, visitaron o Museo do Mar. Mentras, os maiores, escoitaron atentamente e aprenderon moito sobre os ecosistemas mariños na Aula Activa.
Despois achegámonos ao auditorio para ver unha obra de Factoría Teatro, Señor Mundo, Dígame?,un recital poético que parte duns poemas de Paula Carballeira e que nos fala do Señor Mundo (ou a Señora Terra), e as doenzas que está a padecer. Podedes deixarlle comentarios sobre o que vos pareceu o espectáculo no seu blog.
Aproveitamos tamén para desexarvos a todos que o pasedes moi ben nesta semaniña de descanso.


Señor Mundo Digame? from A Artística on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario