22 mar 2010

Coa chegada da primavera...COMEZAN OS TRABALLOS NA HORTA!!!

Este inverno tan chuvioso case non nos permitiu disfrutar do noso patio exterior, pero agora, coa chegada da primavera e a mellora do tempo destes días, a cousa cambiou. Ademáis dos paseos e as construcións de cabanas baixo as árbores, comezamos o noso traballo na horta. A terra xa está preparadísima, e algúns cursos xa comezaron a súa tarefa. Chícharos, fabas, repolos, acelgas, fresas, tomates, brécol, coles, pementos, coliflor, leituga, calabacín, pepino e kiwis serán os produtos que recolleremos despois do noso traballo. Agardamos ter unha grande recompensa coa nosa colleita
Seguirémosvos informando da evolución da nosa horta!!


2 comentarios:

  1. Desexámosvos que teñades moi boa colleita,pero para iso tedes que coidala. Sorte

    ResponderEliminar
  2. Desexo que teñades moi boa colleita,pero tedes que coidala e ter pacencia.Sorte.

    ResponderEliminar