8 abr 2010

VIAXE EN TREN



Este terceiro trimestre comezámolo con moitas ganas e madrugando moito... o martes, día 7 de Abril, os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo collemos o autobús para dirixirnos a Vilagarcía. Alí agardamos ata que chegou o tren que nos levaría a Vigo. Unha vez alí, leváronos ata Naturnova, que é un centro interactivo no que puidemos ver o Sistema Solar en movemento, escoitar unha treboada, disfrutar da realidade virtual para sobrevoar Galicia ou viaxar ao fondo da ría nun simulador dun submarino!!. Despois desta visita tan interesante, fomos á Madroa para comer. Visitamos o zoo na hora da siesta, así que moitos dos animais estaban a durmir placidamente...













Prometemos colgar axiña unha selección dos mellores momentos desta excursión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario