O día 8 de Marzo celebrouse o día da muller traballadora, e por este motivo, temos estes días na nosa escola unha exposición sobre mulleres. É un calendario no que se visibilizan a algunhas mulleres que deixaron a súa pegada ao longo dos tempos, facendo fincapé naquelas máis próximas a nós: as mulleres galegas. Maruxa Mallo, María Barbeito, María Miramontes, María Balteira, Chus Lago, María Castaña, entre outras, son mulleres que destacaron en diferentes eidos da nosa cultura.
Invitámosvos a todos, nenos, nenas, pais, nais e a quen queira achegarse, a vir ao cole para coñecer máis sobre esta bonita exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario