24 feb 2015

O gran día para celebrar o Entroido no noso cole estivo este ano pasado por auga...así que con grande pena tivemos que suspender o noso paseo pola parroquia. Aínda así, puidemos lucir os nosos disfraces e mostrar así todo o traballo realizado. Unha vez máis, o traballo en conxunto deu uns resultados espectaculares! Moitas gracias ás familias que tanto axudastes na confección dos traxes, troncomóbil, os postres, etc... Tamén queremos agradecer á Asociación de pais e nais "Fonte da Revolta" a súa colaboración na festa. Deixamos unha mostra en imaxes do que foi o noso día,sen esquecernos que por mor do mal tempo, o demo do Meco tivo unha semana sabática, mais finalmente non se librou da queima!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario