Este venres puidemos disfrutar do primeiro dos concertos didácticos no noso centro. Este ciclo de concertos que propoñemos dende a escola non sería posible sen a colaboración das familias coa aula de música. Deste xeito podemos achegar aos nenos e ás nenas diferentes agrupacións e diferentes estilos, dun xeito máis familiar e cercano.
O primeiro destes concertos, foi a cargo de Oli Xiráldez e Gustavo Couto. Foi todo un pracer recibilos, xa que viñeron cargados dunha ampla mostra de instrumentos tradicionais: Pandeira, pandereta,pandeiro, charrasco, bombo, tambor, gaita, gaita de barquín, acordeón diatónico, acordeón piano, zanfona, tarrañolas, lata, corno, buguina, distintos tipos de frautas... Puidemos velos de cerca, escoitalos e aprender moito sobre as súas características, orixe, curiosidades...
Tamén puidemos diferenciar cales son os ritmos máis característicos da música tradicional en Galicia, así como ver ilustracións de agrupacións que hoxe son fonte de coñecemento.
E o mellor de todo é que tamén nós puidemos participar activamente, batendo palmas, cantando e facendo moitas preguntas!
Aí van unha tirada de imaxes do que foi o noso concerto! No Ceip Ana María Diéguez onte houbo treboada!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario