7 feb. 2014

HOMENAXE A CASTELAO

Nestas datas nas que celebramos a data de nacemento de Castelao, alédanos lembrar todo o que significou e significa para Rianxo e toda Galicia a súa figura. Entre as actividades que desenvolvimos no centro e nas aulas, destacamos estas tres: EXPOSICIÓN Algúns traballos realizados en cursos pasados forman parte desta exposición, na que se resume parte do que foi a obra de Castelao. CHARLA DE DAVID OTERO O mestre e escritor David Otero, mostrounos o seu amor ás palabras; invitounos a experimentar e xogar con elas. Do xeito máis divertido, fomos quen de construir entre todos un poema sobre Castelao e outro sobre a PAZ. Gustounos moito e agradecemos a súa visita ao centro, e agardamos que el tamén pasara un ratiño tan agradable coma nós. LECTURA PÚBLICA Entre todos os nenos e nenas da escola, demos lectura pública e en voz ben alta, algúns fragmentos da obra de Castelao. O alumnado do primeiro ciclo leu "O PAI DE MIGUELIÑO" e os nenos máis maiores deron lectura a fragmentos de "OS DOUS DE SEMPRE". Foi un acto moi emotivo, que nos gustou moito a todos. Aos nenos do CEIP Ana María Diéguez gústanos moito ler!!

1 comentario:

  1. Ainhoa Garcia Aido8/2/14 12:17

    ese dia foi moi emocionante

    ResponderEliminar