13 feb 2014

DAYS OF THE DINOSAUR

Anque o tempo non acompañou moito, fomos igualmente ilusionados á tan esperada saída para ver os dinosaurios!! Situada en IFEVI (Vigo), puidemos ver reproduccións moi realistas dos que foron os habitantes máis xigantestos do noso planeta. Tamén vimos un documental no que se narraba os comezos do planeta Terra, así como a a aparición e evolución da vida e das especies naturais. Os máis pequenos puideron xogar a ser arqueólogos, xogando nun areeiro con fósiles agochados... e tamén tiñan unha divertida zona de debuxo. Logo, comimos todos xuntos. Foi un día estupendo!

1 comentario: