19 nov 2012

Dúas ducias de cocos

Neste Samaín quixemos facer unha homenaxe aos monstros da nosa mitoloxía, baseándonos nun traballo que a ilustradora Noemí López fixo para a guía Pasamedos do espectáculo Boas Noites da compañía Berrobamban Cada aula encargouse de facer a súa propia versión destes cocos tan simpáticos que se adican a asustar e enredar aos nenos e ás nenas. Para todos aqueles que aínda non vistes estes fermosos retratros, lembrade que podedes pasar a velos, xa que están expostos ao lado da biblioteca...non vos farán nada malo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario