24 oct 2012

Os Quinquilláns traen a Rianxo MERLÍN

A compañía Quinquilláns pasa este sábado por Rianxo!! ...e hoxe na nosa escola tivemos a sorte de ver un pequeno adianto do que será o seu espectáculo Merlín. Morgana e Artur fixéronnos unha visita moi especial e contáronnos que poderemos ver ao auténtico Mago Merlín. Morgana, unha observadora feiticeira, mostrounos algúns segredos das súas apócemas. Xa sabedes, non perdades este fantástico espectáculo que vai acontecer o sábado 27 de Outubro no Auditorio de Rianxo ás 21:00h, se queredes desfrutar coas aventuras de Merlín, Morgana e Artur na Illa de Ávalon. A entrada será GRATUÍTA
Visitade a páxina web do espectáculo Merlín, e alí atoparedes imaxes, videos e moitas actividades que vos axudarán a comprender mellor a Illa das mazás.

1 comentario:

  1. Artur, Morgana, Merlín e Furaventos28/10/12, 20:03

    Foi un pracer para Os Quinquilláns coñecer a vosa escola e tamén vervos a moitos o sábado no auditorio de Rianxo na representación de Merlín. Esperamos que gozásedes a visita tanto coma nós. Longa vida a Avalón!!!
    Longa vida ao ensino público!!!

    ResponderEliminar