Primeiro foron as bruxas, despois foi o mar, e agora, os nenos de Educación de 3, 4 e 5 anos andan a investigar e a aprender cousiñas sobre a AUGA. E parece que tiveron moita sorte, porque dende que empezaron, non parou de chover...
Para comezar, construíron un terrario que observan todos os días en cada unha das aulas. Xa empezan a encher o seu "rincón da auga" de libros, contos e todo tipo de información sobre un tema tan interesante. Tamén podedes ver como traballan e fan experimentos para descubrir os estados da auga.
O TERRARIO
OS
ESTADOS DA AUGA
No hay comentarios:
Publicar un comentario