28 feb 2012

Saída a Coruña e Betanzos. A Casa dos Peixes - Torre de Hércules - Parque do Pasatempo

 E alá fomos toda a escola en dous autobuses... rumbo á Coruña!! O noso primeiro destino sería a Casa dos Peixes. Alí seguimos a aprender moitas cousas sobre o Mar e as especies animais que viven nel.  Puidemos ver a sala Nautilus, inspirada nun espacio no que o capitán Nemo pasaba as horas relaxándose mirando os peixes pasar ao son do seu órgano. Na primeira planta da casa dos peixes pódense ler respostas a moitas das preguntas que os nenos se fan sobre o Mar. Puidemos ver quenllas, morenas, congrios, estrelas de mar...Pero o que máis nos impresionou foi ver como lle daban de comer ás focas. Foi sen dúbida unha visita inesquecible. 

A segunda parada, e moi pertiño da Casa dos peixes,A Torre de Hércules. O faro romano máis antigo, e recentemente declarado Patrimonio da Humanidade.
E xa con moitas ganas de comer, chegamos ao Parque de San Pedro. Cunha impresionante vista da cidade dende as alturas, o noso divertimento foi tirarnos a rolos pola herba!!Non hai mellor maneira para facer a dixestión!!


E xa collimos camiño, pero antes de voltar a casa, paramos no Parque do Pasatempo en Betanzos. Alí nos explicaron o importante que foi o parque na súa época (inaugurado 1893). O betanceiro Juan García Naveira emigra a Bos Aires e alí faise millonario. Volve a Betanzos cos cartos e constrúe escolas, un asilo e un Parque para disfrute dos veciños. O propósito deste lugar de lecer era ademáis do divertimento a aprendizaxe. Só se conserva unha novena parte do que foi o espectacular parque no que aínda se conservan covas, un estanque, animais xigantes e unha interesante fórmula para facerse rico! 

2 comentarios:

  1. O que máis me gustou do Aquarium foi o Nautilus,donde habían tiburóns e varios tipos de peixes.Eu esperaba ver algunha foto dos tiburóns toros pero levín unha decepción ao non ver ningunha foto. Saudos:Roi

    ResponderEliminar
  2. Non te preocupes, Roi...aínda falta o video...estaba moi escuro no Acuario para tomar boas fotos.

    ResponderEliminar