22 sept. 2011

COMEZAMOS CON MÚSICA


Este curso 2011-2012, comezámolo dun xeito especial. O luns, día 19 de setembro, asistimos a un fantástico concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo sobre "As música no cinema infantil" no Auditorio.

A Banda interpretou fragmentos das bandas sonoras de filmes como Aladdin, A bela e a besta, O príncipe de Exipto, Tarzán, Baixo o Mar, Sherk e o Rei León...
Nenos e mestres quedamos impresionados da calidade na interpretación e da sincronización entre a música e a imaxe. Foi un bo xeito de lembrar as nosas películas favoritas. Ademáis, sentímonos especialmente orgullosos porque un alumno da nosa escola e algún ex-alumno, formaban parte da agrupación.
Pododes lembrar algunhas das cancións que escoitamos se vedes estes videos:




No hay comentarios:

Publicar un comentario