O último día de cole tivemos a sorte de poder ver "en vivo e en directo" a Roi Casal e Silvia Ferre. Que pasada!
Estiveron connosco un montón de tempo e tocaron e cantaron para nós varias cancións, entre elas, unha fermosísima canción titulada "Nana para Nuno".
Tamén nos asinaron autógrafos e ata sacaron fotos con nós e cos mestr@s. Foi xenial!
Pasámolo moi ben e dende aquí dámoslles as grazas por facernos pasar un día tan especial.
Aquí abaixo podedes ver algunhas das fotos que sacamos ese día. Esperamos que vos gusten.
Se queredes saber máis sobre o último traballo de Roi Casal titulado "Maxicamente vello" non tendes máis que premer abaixo e ides directamente á súa páxina web. Nela podedes obter información de todo o relacionado coa súa xira (datas, lugares...) e sobre moitos máis datos de interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario