2 nov 2010

O QUE FOI A FESTA DOS CALACÚS NA NOSA ESCOLA

Deixamos atrás a festa do Samaín, unha celebración que intentamos recuperar na nosa escola. Profes, alumnos e familias traballamos a reo para que este ano fose todo un éxito a festa das cabazas.
Nas vosas casas decorastes as cabazas para a exposición. Nós, no centro, tamén o fixemos dentro das aulas. Aquí tedes unha mostra do resultado:


No que si melloramos moito este ano, foi na decoración do cole para este evento. Dividimos o traballo, facendo o primeiro ciclo e Educación Infantil cabazas e cadenetas de cabazas, segundo ciclo cadenetas de esqueletes, e os máis maiores unha arrepiante bruxa!! Ademáis a biblioteca estaba coma sempre moi ben ambientada para a semana do medo. Pantasmas, morcegos, casas encantadas, gatos negros, mouchos, árbores na escuridade... tomaron o cole estes días. Podedes velo nesta selección de imaxes
Pero tanta decoración e tanto traballo culmiraron o venres cunha grande festa na que non faltaron historias de medo. Os máis pequenos, na biblioteca, escoitaron un conto: "Os dous Corcovados". Os máis grandes, na aula de música puideron pasar un ratiño de medo coa escenificación dunha lenda galega "As luces da Capela de San Antonio", na que apareceu a Santa Compaña, á que agradecemos a súa aparición desinteresada!! Tamén había cousas que se movían, instrumentos que tocaban sós... Pero cando o conto rematou, todo voltou á calma, e saímos a celebrar o día do Samaín como máis nos gusta: CANTANDO E PAPANDO!!! Todos cantamos a canción que este ano, "Isto é Samaín", acompañados polos instrumentos dos nenos de 5º e 6º. Coma sempre, agradecemos a colaboración das familias na elaboración dos ricos doces elaborados con froitos de outono. MOITAS GRAZAS!!!!

1 comentario:

  1. Este ano intentaronos meter medo pero non funcionou,un xa o conociamos era o avo de Breixo pero pasamolo moi ben. Sudos:Roi

    ResponderEliminar