29 nov. 2010

O Magosto

Por fin celebramos o Magosto!
Como xa sabedes , o tempo (atmosférico) non nos acompañou e tivemos que agardar uns días para poder celebrar o Magosto. Pero a espera mereceu a pena porque o pasamos...moiii ben.
Primeiro, mentres se remataban de asar as castañas, aproveitamos para desfrutar con un montón de xogos populares coma: a mariola, a peonza, os aros, os zancos, os sacos... E logo, para repoñer forzas, comimos as castañas que transportamos nas cestas que confeccionamos nas aulas. Quedaron moi chulas!
Foi un día moi divertido e para recordalo imos ver as fotos que sacamos.


1 comentario:

  1. Este ano no magosto paseino moi ben sobre todo cando comemos as castañas pero moitas estaban malas.Saudos:Roi.

    ResponderEliminar