27 may 2010

A nosa caixa chegou a New York

Xa sabedes que os nenos e nenas de Estudo de 4ºfacemos unha actividade de intercambio cunha escola de New York, e vistes imaxes da apertura da caixa que eles nos mandaron. Esta semana, chegoulles o paquete dende Rianxo. Dentro había moitas cousas que describen un pouquiño como é a nosa vida cotiá: material impreso e informativo sobre Rianxo, receitas de cociña, descripcións e debuxos nosos,mapas, unhas cunchas de vieira, fotografías do noso centro, un trompo, chupa chups,unha baralla de cartas, cds, dvds, etc... Dixéronnos que lles gustou moito o contido da nosa caixa e estamos agardando impacientes unhas fotos do momento de apertura. O mércores comunicámonos con eles por videoconferencia!!! Preguntámoslle moitas cousas en inglés e tamén respostamos ás preguntas que eles nos fixeron. Foi unha experiencia moi bonita!! Rematamos todos cantando a canción de "Bob Esponja", nós en castelán e eles en inglés.

2 comentarios:

  1. Encantoume mandarlles a caixa a os nenos de New York

    ResponderEliminar
  2. Ola son Roi, eu cando vin o que avia no sobre quedin impresionado avia fotos,xogos,mapas,e un cede de DVD.Era todo chulisimo. Saudos Roi.

    ResponderEliminar