31 may. 2010

A plantación de Vilas

Coma anos anteriores, seguimos co noso proxecto "Voz Natura". O xoves 27 de maio fomos visitar a plantación de Vilas. Alí, recollémos o lixo, rozamos as malas herbas, podamos e sachamos arredor das árbores. Agardamos voltar o próximo curso para seguir mantendo en bo estado a nosa plantación.
Despois de traballar, collemos un merecido descanso e fomos comer ao novo campo de fútbol. Xa recuperadas as forzas adicámonos a practicar todo tipo de deportes: fútbol, corda, salto á burra, golf... Rematamos a xornada cun divertidísimo partido entre alumn@s e profes.

2 comentarios:

  1. Os nen@s do colexio Ana Maria Dieguez sabemos como coidar o medio ambiente!!! Pero deberiamos ter unha reconpensa por tanto traballar.

    By-

    ResponderEliminar
  2. Ola, son ROI a min gustoume moito cando fomos ao campo de Vilas donde comemos e xogamos ao fútbol e ao golf e xogamos un partido profesores contra alumnos, foi divertidísimo, despois volvemos cansadísimos. Saúdos Roi.

    ResponderEliminar