O pasado mércores, 3 de decembro, pasamos toda a mañá en Rianxo. Tivemos moita sorte co tempo e puidemos realizar todas as actividades que tiñamos programadas
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS
Achegámonos ao Auditorio de Rianxo para ver o marabilloso espectáculo do Centro Dramático Galego, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Gustounos a todos moitísimo: o vestiario, a escenografía, os actores e actrices, a música...
Recomendamos que vexades a web do espectáculo porque poderedes descargar material moi interesante.
https://aslaranxasmaislaranxasdetodasaslaranxas.wordpress.com/
O MERCADO. O SUPERMERCADO
Os nenos e nenas de Ed. Infantil e primeiro ciclo de primaria, como estamos traballando os alimentos, aproveitamos a ocasión para visitar os lugares onde podemos mercalos. Foi moi interesante achegarnos ata a praza e un supermercado.
A CASA DE MANUEL ANTONIO E A BIBLIOTECA
E os máis maiores do cole fixemos unha interesante visita á biblioteca de Rianxo e á casa de Manuel Antonio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario