11 nov 2014

A bruxa do pelo roxo. Samaín 2014

Como xa ven sendo tradición, todos os nenos e nenas do cole nos xuntamos para cantar e tocar a canción do Samaín. Este ano tocou versionar " A bruxa do pelo roxo". A súa versión orixinal podédela atopar na campaña do fomento do galego, "Os Axóuxeres". Os nenos da aula de música víronse este ano arroupados por un montón de novos instrumentistas, xa facemos unha grande orquestra! Noraboa todos!

1 comentario:

  1. Rianxeiros maiores e cativ@s, somos os autores desta canción e acabamos de dar con esta xoia!!! SOdes unh@s artistaz@s! Tenos namorados!! Cáenos a baba :P Apertas fortes!!

    ResponderEliminar