Espazo no que queremos compartir as nosas experiencias con toda a comunidade educativa
7 feb 2014
HOMENAXE A CASTELAO
Nestas datas nas que celebramos a data de nacemento de Castelao, alédanos lembrar todo o que significou e significa para Rianxo e toda Galicia a súa figura. Entre as actividades que desenvolvimos no centro e nas aulas, destacamos estas tres:
EXPOSICIÓN
Algúns traballos realizados en cursos pasados forman parte desta exposición, na que se resume parte do que foi a obra de Castelao.
CHARLA DE DAVID OTERO
O mestre e escritor David Otero, mostrounos o seu amor ás palabras; invitounos a experimentar e xogar con elas. Do xeito máis divertido, fomos quen de construir entre todos un poema sobre Castelao e outro sobre a PAZ. Gustounos moito e agradecemos a súa visita ao centro, e agardamos que el tamén pasara un ratiño tan agradable coma nós.
LECTURA PÚBLICA
Entre todos os nenos e nenas da escola, demos lectura pública e en voz ben alta, algúns fragmentos da obra de Castelao. O alumnado do primeiro ciclo leu "O PAI DE MIGUELIÑO" e os nenos máis maiores deron lectura a fragmentos de "OS DOUS DE SEMPRE". Foi un acto moi emotivo, que nos gustou moito a todos. Aos nenos do CEIP Ana María Diéguez gústanos moito ler!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ese dia foi moi emocionante
ResponderEliminar