Nen@s e profes disfrutamos moitísimo nesta festa que cada ano celebramos máis intensamente no centro. Aquí tedes todas as actividades que fixemos:
Exposición de cabazas e decoración do cole. Ano tras ano demostrades todo o voso inxenio á hora de decorar as vosas cabazas
O Mago Benxamín. Esta festa ten moito de máxico...e Benxamín asombrounos cos seus xogos de cartas, escapismos...@s alumn@ e os profes que participaron no espectáculo estiveron estupendos!Aproveitamos a ocasión para agradecer á Asociación de pais e nais a súa colaboración para que este espectáculo fose posible

An English Tale... Aproveitamos que este ano temos na escola a Sarah, a nosa auxiliar de conversa, e as mestras da sección bilingüe, Olga e Raquel, atrevéronse cunha simpática dramatización dun conto dunha bruxa..."non tan malvada"... Todos quedamos impresionados coas súas dotes para a interpretación!! Agardamos velas máis veces!
Os nenos e nenas de quinto e sexto curso fixeron unha versión da canción de Paco Nogueiras sobre o Samaín. Son uns artistas!!
Degustación de postres. Agradecemos ás familias outra vez máis a súa colaboración na degustación de postres.
Degustación de postres. Agradecemos ás familias outra vez máis a súa colaboración na degustación de postres.
Xogo da cabaza. Aquí tedes aos gañadores deste ano! Intrépidos buscadores de cabazas!!
Unha noite de cabazas. Xornada de convivencia na que mestres, nenos e familias disfrutamos desta máxica festa.
Que ben o pasei . O mago benxamin era moi gracioso. As actuacions das profesoras Raquel , Olga e Sarah , moi guays e a nosa foi moi guay coma a sua
ResponderEliminaras cabazas estaban moi chulas
ResponderEliminar