Xa levabamos días falando dela na aula de música, e hoxe foi o momento de vela e escoitala en directo. A ZANFONA. Sentímonos moi afortunados de poder ver con tanto detalle cómo se constrúe unha zanfona e as súas peculiaridades. Visitounos César Loureiro, un luthier de Marín que nos contou os segredos do que foi aprendendo despois de anos de experiencia. Acompañado de Mauro e Carmen, puidemos escoitar algunhas pezas do repertorio máis coñecido para a este instrumento de manivela.
A nosa sorpresa foi que un anaquiño da actividade foi emitido en directo pola Radio Galega!
Esta sesión didáctica forma parte dos actos que orgazina a Zona da Zanfona 2013 da Central Folque, e que rodean o IX Encontro Internacional , que terá lugar esta fin de semana en Rianxo.
Agradecemos moito esta visita!!
Se queredes coñecer máis sobre a zanfona:
http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/os-cordofonos/zanfona-zanfona/
http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=3
Aquí tedes un vídeo que resume en poucos minutos o proceso dunha zanfona no obradoiro de César Loureiro
Aos nenos de 4º curso gustounos moito esta explicación da zanfona
ResponderEliminarChámome Joel e gustoume moito o video sobre a zanfona. Vino coa miña nai e a miña irmá Daniela. Era a primeira vez que vian ese instrumento e tamén lles gustou moito.
ResponderEliminargustoume moito o video
ResponderEliminarGustoume moito o video da znfona, era moi interesante a construción do instrumento
ResponderEliminarO video e. Moi interesante
ResponderEliminarOS NENOS DE QUINTO TAMEN
ResponderEliminarCésar Loureiro explicounos como era unha zanfona. Parecéronme moi interesantes as explicacións que nos deu. Despois tocou César co seu compañeiro e a súa compañeira Carmen.
ResponderEliminarUn saudo.
Estefanía
Uxia de cuarto gustoume moito vidio e as cousas con que se facian e tamen a madeira das arbores
ResponderEliminarCando vin o Luar na cadena galega había un home que tocaba unha canción coa zanfona
ResponderEliminarGustoume moito a esposición da azanfona e os vídeos estuberon moi moi ben
ResponderEliminar