Espazo no que queremos compartir as nosas experiencias con toda a comunidade educativa
13 dic 2012
Coñecendo o Barbanza
Neste outono, fixemos unha saída para coñecer algo máis o noso entorno. Aproveitamos unha fermosa mañá fresca e soleada para disfrutar das paisaxes do Barbanza.
Comezamos visitando o Camping Arousa II para poder observar as árbores, especialmente castiñeiros. Atopamos unha paisaxe ben diferente á que estabamos acostumados a ver no verán. Agora non había tendas de campaña, senón follas caídas e moitas especies de cogomelos... Arroupados pola montaña, ao fondo puidemos ver unha fervenza! Deixamos algunhas imaxes para que vexades o bonito que foi!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario