Neste Samaín quixemos facer unha homenaxe aos monstros da nosa mitoloxía, baseándonos nun traballo que a ilustradora Noemí López fixo para a guía Pasamedos do espectáculo Boas Noites da compañía Berrobamban
Cada aula encargouse de facer a súa propia versión destes cocos tan simpáticos que se adican a asustar e enredar aos nenos e ás nenas. Para todos aqueles que aínda non vistes estes fermosos retratros, lembrade que podedes pasar a velos, xa que están expostos ao lado da biblioteca...non vos farán nada malo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario