Espazo no que queremos compartir as nosas experiencias con toda a comunidade educativa
28 feb 2012
Saída a Coruña e Betanzos. A Casa dos Peixes - Torre de Hércules - Parque do Pasatempo
E alá fomos toda a escola en dous autobuses... rumbo á Coruña!! O noso primeiro destino sería a Casa dos Peixes. Alí seguimos a aprender moitas cousas sobre o Mar e as especies animais que viven nel. Puidemos ver a sala Nautilus, inspirada nun espacio no que o capitán Nemo pasaba as horas relaxándose mirando os peixes pasar ao son do seu órgano. Na primeira planta da casa dos peixes pódense ler respostas a moitas das preguntas que os nenos se fan sobre o Mar. Puidemos ver quenllas, morenas, congrios, estrelas de mar...Pero o que máis nos impresionou foi ver como lle daban de comer ás focas. Foi sen dúbida unha visita inesquecible.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O que máis me gustou do Aquarium foi o Nautilus,donde habían tiburóns e varios tipos de peixes.Eu esperaba ver algunha foto dos tiburóns toros pero levín unha decepción ao non ver ningunha foto. Saudos:Roi
ResponderEliminarNon te preocupes, Roi...aínda falta o video...estaba moi escuro no Acuario para tomar boas fotos.
ResponderEliminar