Espazo no que queremos compartir as nosas experiencias con toda a comunidade educativa
27 ene 2012
O NOSO PROXECTO: O MAR
Igual que o curso pasado aprendemos moitísimas cousas sobre o mundo das abellas... neste curso, e dende este segundo trimestre, estamos traballando e investigando sobre un centro de interés: O MAR. Moito nos queda por diante...fauna e flora mariñas, as correntes, os oficios do mar, e moitísimos máis contidos que podemos seguir ampliando fóra da escola a través de saídas e vivencias.
Estes días na nosa escola temos connosco a expertos no tema do mundo submariño, e estamos aprendendo moitísimas cousas a través de charlas, videos, imaxes e experiencias prácticas. Podedes coñecer o seu proxecto, Rianxo divulga que "pretende dar a coñecer as labores diarias da xente do mar e os recursos que o medio mariño nos ofrece co fin de ensinar a valorar o que temos e así poder contribuir á súa preservación"
Vimos especies xa coñecidas, outras novas e moi raras, areas de diferentes lugares, cunchas, caracolas... fixemos barquiños de casca de noz, diseccionamos peixes...
EDUCACIÓN INFANTIL
PRIMEIRO CICLO
SEGUNDO CICLO
TERCEIRO CICLO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ola!!!! que tal rianxeir@s?? anque non estou por terras do Barbanza pasome por estes lares de vez en cando e asi ver que ben o pasades!! Vexo que seguides cos proxectos!! que ben!! espero que aprendades tanto como aprendimos o ano pasado coas abellas!!!
ResponderEliminarUn biquiño para cada un de vos, tanto profes como nen@s!!!!
- Beverly-