O pasado martes día 8 @s nen@s de E. Infantil e Primeiro ciclo de Primaria tivemos a nosa última excursión deste ano, fomos a AGRO DESPENSA que é unha queixería que esta na aldea de Murgas no concello de Touro. Nino contounos primeiro como era o proceso e logo, cada un de nos elaborou o seu queixo. Tivemos que vestirnos(gorro, mandil e calzas) e seguir as normas de hixiene para manipular alimentos. Descubrimos que entre unha fase e outra tiñamos que esperar un pouco, pero non nos aburrimos porque tiñamos xogos e uns ricos bocadillos de queixo como o que estabamos a facer. Sabedes que para facer un queixo de un quilo fan falta sete de leite?.Tamén decoramos as etiquetas para poñerlle ao queixo. Pola tarde Nino ensinounos a facer chifres cun pau de ameneiro e regalounos un para cada clase. Estamos desexando que pase unha semana e recibir cada un o noso queixo para que o proben na nosa casa.
Verdade que estamos guapos coa vestimenta de queixeiros?. Pasámolo estupendamente
ResponderEliminarAurora
Estades guapísim@s!!! alguén me dará un anaco de queixo cando cheguen? gustaríame probalo...
ResponderEliminarQue sorte tuberon de ir os peques.A min tamen me gustari ir para perder clases,jaja.
ResponderEliminarAcórdome de cando fomos nós
ResponderEliminarOla son Roi,eu tamen fora alí.Tamen fixeramos un queixo e viramos moitas cousas máis aquelo era chulisimo. Saudos Roi.
ResponderEliminarEu tamén me acordo cando fumos nos.Gustoume facer o queixo pero como amin non me gustaba pois non o comin.
ResponderEliminar