Aínda non recuperados do xoves, os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo, fomos o venres plantar árbores ao que será unha nova área recreativa: O Pino Manso. Preparamos as ferramentas e o autobús achegounos ao lugar, que está moi preto da escola. Un grupo adicouse a limpar a zona, xa que había moito lixo. Outro grupo, cos buratos a medio facer, moito tiveron que sachar... pero ao final, con máis forza que maña, cada árbore ocupou o seu lugar. Non houbo quen se librase de acarrexar terra dun lado para outro. Agardamos que medren fortes e saudables para que nos dean sombra o día que vaiamos alí merendar.
Cruzámos o polígono industrial ata chagar ao Río Te. Seguindo o seu curso, disfrutamos dun precioso paseo ata chegar novamente á escola.
Seguro que todos os nen@s queramos cansados de tanto traballar.Vainos doer a espalda!!!Ademais Aneli ten que traballar un pouco mais.Que chorra,a min tamen me gustaria estar a sombra sen facer nada
ResponderEliminarBy-
Que traballadores e que ben o pasan estos rapaces.Seguide facendo este tipo de actividades que nos benefician a todos.
ResponderEliminarOla son Xulián gustoume moito a idea de ir a plantar ó Pino Manso a recoller un pouco e a plantar unhas cantas arbores . Despois fomos a comer ó campo de fútbol donde o pasamos moi ben polo menos eu .
ResponderEliminarOla son Roi,gustoume moito ir a plantar ao Pino Manso pasino moi ben a prantar árbores e a cargar terra nas carretas.E despois bolbemos polo río té ata que chegamos ao colexio. Saudos Roi.
ResponderEliminar