9 jun 2016

Todo é un conto. Xornadas de teatro. 1º

Todos coñecedes a estes personaxes de conto...pero se cadra nunca os vistes visitando unha consulta do doutor! Menudo paspán!!!

8 jun 2016

ECOSISTEMAS

Ao longo deste curso 2015-2016 xiramos arredor do centro de interese dos ECOSISTEMAS. Os disfraces de entroido, as saídas didácticas e outras actividades de aula foron elaboradas para profundizar no coñecemento dos diferentes ecosistemas que podemos atopar, sobre todo, en Galicia. Como parte destas actividades fixemos unha preciosa exposición no corredor de abaixo na que podedes atopar unha lagoa,un bosque,a costa e o río.

OS SOÑOS NA GAIOLA. FOTOS

Aquí tedes imaxes do ensaio e concerto do Concerto das Letras Galegas, no que participamos coa Banda da Escola de Música de Rianxo.

7 jun 2016

ESCOLA ABERTA 2016

Este curso celebramos a primeira edición de ESCOLA ABERTA! Unha xornada de convivencia na que nen@s e maiores disfrutamos moitísimo!! Comezamos a mañá con obradoiros. "Montes de Asados" e exhibición de animais para comezar, e despois tatoos, barro,debuxo e estampación. Chegou o tempo da comida, un momento para repoñer forzas!! Foron moitos e moitas os que decidiron quedar no cole! Houbo quen comeu moi contento por tocarlle o agasallo das rifas! Agradecemos a ANPA Fonte da Revolta, a súa axuda e implicación nesta festa... só dicirlles que o churrasco estaba boísimo!!! Xa pola tarde puidemos disfrutar dunha xornada de xogos. Houbo xogos moi variados que nós mesmos confeccionamos no cole. O que máis ilusión nos facía era poder tirarnos pola tirolina e subir o rocódromo. Que sorte tivemos que este ano non choveu!! E para rematar, unha divertida xincana na que por parellas (nen@-adulto)tiñamos que ir resolvendo unha serie de probas! Algúns marcharon para casa cun agasallo do sorteo das rifas!!... Pero todos levamos premio con só participar e disfrutar dunha xornada de ESCOLA ABERTA!!

29 abr 2016

Xornadas de teatro. 3º. O misterio dos meteoros

E hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas do terceiro curso, que nos demostraron do que son capaces de facer os nenos nunha escola. O secreto é botarlle moita imaxinación ás cousas... e así poderemos vivir divertidas aventuras, e resolver grandes misterios!!

Deixamos aquí unha mostra en imaxes do que foi a representación do misterio dos meteoritos. Agardamos que vos gusten!




19 abr 2016

A OUTRA CARAPUCHIÑA VERMELLA

E xa podedes ver o video do teatro dos nenos e nenas de quinto!! Veredes que ao final animáronse moito coa música do Lobo Feroz!!