7 jun. 2016

ESCOLA ABERTA 2016

Este curso celebramos a primeira edición de ESCOLA ABERTA! Unha xornada de convivencia na que nen@s e maiores disfrutamos moitísimo!! Comezamos a mañá con obradoiros. "Montes de Asados" e exhibición de animais para comezar, e despois tatoos, barro,debuxo e estampación. Chegou o tempo da comida, un momento para repoñer forzas!! Foron moitos e moitas os que decidiron quedar no cole! Houbo quen comeu moi contento por tocarlle o agasallo das rifas! Agradecemos a ANPA Fonte da Revolta, a súa axuda e implicación nesta festa... só dicirlles que o churrasco estaba boísimo!!! Xa pola tarde puidemos disfrutar dunha xornada de xogos. Houbo xogos moi variados que nós mesmos confeccionamos no cole. O que máis ilusión nos facía era poder tirarnos pola tirolina e subir o rocódromo. Que sorte tivemos que este ano non choveu!! E para rematar, unha divertida xincana na que por parellas (nen@-adulto)tiñamos que ir resolvendo unha serie de probas! Algúns marcharon para casa cun agasallo do sorteo das rifas!!... Pero todos levamos premio con só participar e disfrutar dunha xornada de ESCOLA ABERTA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario