Xa estarán a piques de chegar as nosas cartas a Guitiriz. Ao longo deste curso, imos manter comunicación con nenos do CEIP Plurilingüe Lagostelle. De seguro será unha experiencia moi enriquecedora, xa que o seu entorno de interior é moi diferente ao noso; seguro que teñen moitas cousas que contarnos. Tamén temos moitas ganas de ver como son e como falan. Ogallá poidamos coñecelos algún día!!, mentras, agardamos ansiosos as súas respostas
No hay comentarios:
Publicar un comentario