14 abr 2015

UN ARTISTA NA ESCOLA. PINTURA RUPESTRE

Con motivo da nosa participación no proxecto "Un artista na escola", recibimos no centro a visita da pintora Carmina Serra. Con ela puidemos disfrutar dunha experiencia moi especial, baseada na pintura rupestre.  Este curso tocoulle participar no proxecto aos nenos e nenas de Educación Infantil.

Previamente recolectamos cunchas, construímos pinceis e fómonos introducindo na vida do home do neolítico a través do noso proxecto de investigación sobre a Prehistoria.
Carmina mostrounos cómo mesturar pigmentos naturais para obter a pintura coa que faríamos o noso mural: e como facían os homes e as mulleres das cavernas, nós tamén pintamos animais, motivos de caza, figuras humanas, mans...
Foi un experiencia chulísima!! Agora queremos mostrarlles aos máis maiores todo o que aprendimos, a ver se eles son quen de facelo tan ben coma nós!










No hay comentarios:

Publicar un comentario