Espazo no que queremos compartir as nosas experiencias con toda a comunidade educativa
13 ene 2015
"O sabor da aventura está no mar". Saída a Vigo. Ed. Infantil
Dentro das actividades que comprenden a nosa participación no Plan Proxecta, "A aventura está no mar", atópase a actividade que disfrutamos onte en Vigo os nenos de Educación Infantil.
Nada máis chegar, visitamos o porto de Vigo. Alí puidemos ver as embarcacións e mariñeiros recén chegados dunha longa noite de traballo. Tamén comprobamos cales foron as súas capturas e vimos cómo as redeiras amañaban as redes.
Moi perto de alí visitamos tamén un vivero: centolas, bogavantes, nécoras, cigalas, langostas, bois de mar... Algúns ata se atreveron a collelos!
Tomamos a nosa merenda a bordo dunha fermosa goleta danesa, "Nauja", con moitísimos anos de historia e moitas aventuras con sabor a mar.
Por último disfrutamos dun delicioso xantar baseado nos produtos do mar: unha riquísima sopa de peixe e fideuá con mexilóns. Case todos quixemos repetir!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario