Os maiores do cole fixemos unha saída didáctica a Santiago de Compostela. A nosa primeira parada foi o auditorio de Galicia, onde disfrutamos do espectáculo da "Guerra de Troia", unha mestura moi interesante de animación e títeres, que dun xeito moi sinxelo e atractivo nos explicou a batalla entre gregos e troianos.
Ao rematar o espectáculo, achegámonos ao novo museo de historia natural da USC, "Luis Iglesias". Fíxosenos curta a visita con todo o uqe habí alí! agardamos volver pronto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario