28 mar. 2014

UN ARTISTA NA ESCOLA

"Un artista na escola" é unha experiencia da Fundación Barrié na que se implanta nas aulas de educación primaria galegas un proxecto que integra as artes dentro de materias como Matemáticas, Coñecemento do medio ou Lingua Galega, e no que participan oito artistas (teatro, danza, pintura, música, arquitectura e deseño e audiovisual), e catorce profesores de dez centros de Galicia. Os nenos e nenas de 5º e 6º e as súas mestras participaron na experiencia cunha unidade didáctica sobre o teatro e Castelao. Foi unha clase de lingua galega moi especial e interesante. Visitounos a actriz Estibaliz Veiga,que ademáis de contarnos as súas vivencias no mundo da interpretación fíxonos exercicios de improvisación, expresión, vocabulario... Esperamos poder participar o curso que ven nesta experiencia para poder aprender moito das materias a través da arte.

  Aquí podedes ver o que se conta na prensa sobre o proxecto

1 comentario:

  1. sergio 6º14/6/14 10:42

    foi unha clase de lingua galega moi diferente as demais e graciosa.Ata Estibaliz nos salvou dun exame

    ResponderEliminar