12 nov. 2013

VIDEOCONFERENCIA.


Para conmemorar o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO", A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convidounos a participar nunha interesante actividade: Unha videoconferencia vía web, na que unha destacada investigadora galega da Universidade de Santiago de Compostela achegou temáticas de interese curricular para os alumnos de terceiro ciclo de primaria. Puidemos seguir a videoconferencia de Marilar Aleixandre, chamada "benqueridos insectos" . Nós non fomos os únicos, porque outros 100 centros de Galicia participaron á mesma vez ca nós desta experiencia.

  Benquerida abelliña, sen ti as maceiras non darían froito; benqueridos escaravellos, que volvedes á terra os restos do que foron seres vivos; e a cascarrubia que coida das roseiras, e a colonia das cen mil formigas falando cunha soa voz. Ás veces comémosvos, pois tamén comemos o que amamos.





3 comentarios:

  1. Ainhoa Garcia Aido6/12/13 20:05

    aprendin moito sobre os insectos ese dia

    ResponderEliminar
  2. caca de vaca

    ResponderEliminar
  3. danme asco os insectos asi que.......... pluagggg :( 8(

    ResponderEliminar