18 abr. 2013

Coñecendo a zanfona

Xa levabamos días falando dela na aula de música, e hoxe foi o momento de vela e escoitala en directo. A ZANFONA. Sentímonos moi afortunados de poder ver con tanto detalle cómo se constrúe unha zanfona e as súas peculiaridades. Visitounos César Loureiro, un luthier de Marín que nos contou os segredos do que foi aprendendo despois de anos de experiencia. Acompañado de Mauro e Carmen, puidemos escoitar algunhas pezas do repertorio máis coñecido para a este instrumento de manivela.
A nosa sorpresa foi que un anaquiño da actividade foi emitido en directo pola Radio Galega!

Esta sesión didáctica forma parte dos actos que orgazina a Zona da Zanfona 2013 da Central Folque, e que rodean o IX Encontro Internacional , que terá lugar esta fin de semana en Rianxo.

Agradecemos moito esta visita!!




Se queredes coñecer máis sobre a zanfona:
http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/os-cordofonos/zanfona-zanfona/
http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=3


Aquí tedes un vídeo que resume en poucos minutos o proceso dunha zanfona no obradoiro de César Loureiro


10 comentarios:

  1. Os nenos e nenas de 4º19/4/13 13:14

    Aos nenos de 4º curso gustounos moito esta explicación da zanfona

    ResponderEliminar
  2. Chámome Joel e gustoume moito o video sobre a zanfona. Vino coa miña nai e a miña irmá Daniela. Era a primeira vez que vian ese instrumento e tamén lles gustou moito.

    ResponderEliminar
  3. gustoume moito o video

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito o video da znfona, era moi interesante a construción do instrumento

    ResponderEliminar
  5. O video e. Moi interesante

    ResponderEliminar
  6. Ainhoa García Aido23/4/13 20:42

    OS NENOS DE QUINTO TAMEN

    ResponderEliminar
  7. Estefanía 4º25/4/13 22:45

    César Loureiro explicounos como era unha zanfona. Parecéronme moi interesantes as explicacións que nos deu. Despois tocou César co seu compañeiro e a súa compañeira Carmen.
    Un saudo.
    Estefanía

    ResponderEliminar
  8. Uxia de cuarto gustoume moito vidio e as cousas con que se facian e tamen a madeira das arbores
















    ResponderEliminar
  9. Abel Rodríguez Calvo 5º curso13/5/13 15:44

    Cando vin o Luar na cadena galega había un home que tocaba unha canción coa zanfona

    ResponderEliminar
  10. Gustoume moito a esposición da azanfona e os vídeos estuberon moi moi ben

    ResponderEliminar