Aquí podedes ver unhas imaxes da visita de Josefina Ling, que moi amablemente aceptou visitarnos para achegarnos as vidas de algunhas astrónomas mulleres ao longo da historia. Ela é profesora na Universidade de Compostela e tamén traballa no Observatorio Ramón María Aller. Foi moi interesante coñecer a Hipatia, Caroline Herschell, Jocelyn Bell... Nós quixemos darlle algún agasallo. Pareceunos boa idea regalarlle un dos telescopios elaborados polos nenos de Educación Infantil. Josefina poderá observar as estrelas en días nublados!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario