15 feb 2013



O Concello de Rianxo cambia a súa programación do Entroido por mor das previsións meteorolóxicas para esta fin de semana. Por este motivo, as actividades do domingo trasládanse ás intalacións da nosa escola. Aquí podedes ver a programación!! Haberá moita festa!!

SÁBADO DÍA 16 CAMPO DE PASOS - TARAGOÑA - 17.30 H.
Certame de CARROZAS Organiza Peña Cicloturista Castro Barbudo. Premios ás mellores carrozas. OBRADOIROS de maquillaxe, globoflexia e complementos
DOMINGO DÍA 17 - PATIO DO CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ - ASADOS - DENDE AS 16.30 HORAS
ENTROIDOlandia (inchábeis, obradoiros e grandes xogos) -16.30 a 20.30 h. - Obradoiros e actividades animación para as crianzas.
Actuación de PETER PUNK - 18.00 h. Posta en escena do seu novo espectáculo PETER PUNK.
Sorteo de AGASALLOS entre as persoas disfrazadas (infantil - xuvenil-adultos e grupos). Require inscrición previa. (a partir das 17.00 h.)
II FEIRA do Entroido - 16.30 h a 20.00 horas. - DEGUSTACIÓN de productos do Entroido, Obradoiros, Actividades de Animación, ... nos postos das diversas entidades culturais participantes (Centro Cultural VICENTE VIDAL de Leiro, Cadro Artístico AIRIÑOS, Asoc Cultural FOGO FATUO, ANPA “Irmáns Ínsua” do CRA de Rianxo, Asoc. Festival ANTROSPINOS, Asoc. Cultural e Xuvenil TOXO BRAVO - Agrup. Teatral CRIATURAS,....entre outras)
CHARANGAS - Ambientación musical polas Charangas “N.A.S.A”, “O RETORNO DOS TERRIBLES” e “VAI DE RODA”
Enterro do TORIBIÑO - Velorio e posterior queima. Organiza Asoc. Cultural e Xuvenil TOXO BRAVO

2 comentarios:

  1. A festa estivo xenial!!

    ResponderEliminar
  2. Sempre estou informada das cousas que se moven neste colexio grazas a que publicades todo no que en el ocorre.
    Para min sodes todos uns bos profesionais, incluso cando din que estades desmotivados por motivos de"recortes".A romería demostrounos a todos que as cousas feitas con ilusión sempre quedan ben, polo tanto merecedes unha boa nota, sobre todo para o xa xubilado Gómez. Agora con imaxinación e traballo vamos ter un murais chulísimos.
    Enoraboa.

    ResponderEliminar