E no gran día de Entroido, encheuse o cole e as rúas de Asados dun universo de cores. Houbo estrelas, soles, marcianos e unha expedición de astronautas que converteron o desfile nun bonito espectáculo.
O Meco, coma todos os anos foi xulgado, e como non podía ser doutro xeito, resultou culpable. Ardeu na fogueira aínda que sabemos que para o ano que ven voltará a facer das súas...
Agradecemos a colaboración das familias e da ANPA para facer posible esta celebración, e sobre todo, a implicación e ilusión dos nenos e nenas para confeccionar os seus disfraces.
unha festa moi bonita e os disfraces eran de pasarela, espectaculares
ResponderEliminarUna festa espectacular, con uns disfraces moi orixinales e impactantes, espero que o colexio nunca perda esta tradición e siga así de divertido. A xente que non pasara a súa infancia no CEIP Ana María Diéguez perdeuse unha gran parte da infancia que debe pasar un neno.
ResponderEliminarO que máis me gustou foi cando nós os de 5º e 6º pasamos polo patio de astronautas ca música dramática.
ResponderEliminargustoume moito o momento no que nos 5º e 6º iamos andando ca musica de star wars
ResponderEliminar