13 dic 2012

Coñecendo o Barbanza

Neste outono, fixemos unha saída para coñecer algo máis o noso entorno. Aproveitamos unha fermosa mañá fresca e soleada para disfrutar das paisaxes do Barbanza. Comezamos visitando o Camping Arousa II para poder observar as árbores, especialmente castiñeiros. Atopamos unha paisaxe ben diferente á que estabamos acostumados a ver no verán. Agora non había tendas de campaña, senón follas caídas e moitas especies de cogomelos... Arroupados pola montaña, ao fondo puidemos ver unha fervenza! Deixamos algunhas imaxes para que vexades o bonito que foi!! A nosa segunda parada foi a visita á Gran Duna e ó Faro de Corrubedo. Que sorte tivemos co día!! estaba todo fermosísimo!! Xa con moita fame...achegámonos a coñecer o Dolmen de Axeitos. É un dos monumentos funerarios megalíticos máis coñecidos de Galicia. Alí comemos, descansamos e tamén xogamos un pouquiño. Para rematar a nosa excursión, subimos ao alto da Curota. Dende alí puidemos ver unha vista espectacular!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario