17 sept 2012

COMEZAMOS!!!! Este ano, outra vez... con Música!!

Xa remata o verán, xa acabaron as festas...e xa é hora de comezar... Igual que o ano pasado, A Escola de Música de Rianxo ofreceunos un concerto didáctico para comezar con bo ritmo o curso 2012-2013. Esta vez foi o departamento de Jazz o que nos sorprendeu cunhas bonitas versións de cancións que nós xa coñeciamos (Simpsons, Bob Esponja, A Bela e a Besta...) Un piano, un contrabaixo, unha batería e a voz de Silvia Ferre, foron quen nos deleitaron por esta vez. Esperamos que sigan traballando tan ben, animando aos nenos a disfrutar coa música, e por suposto, desexamos que nos sigan invitando a todos os seus concertos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario