27 feb. 2012

O noso entroido mariño

E coma todos os anos, as rúas de Asados enchéronse de cor, esta vez con cheiro a MAR. Despois do paseo, degustamos os ricos postres típicos do Entroido, e xa co bandullo cheo, fixémoslle o xuízo ao Meco. Como fai sempre tantas maldades, este ano non puido ser menos...e o atopamos CULPABLE!!!!. Despedímonos del ata o ano que ven, que de seguro aparecerá por aquí. Aproveitamos a ocasión para agradecerlles ás familias a aportación dos doces e aos membros da ANPA a súa colaboración na festa. DESCARGAR XUÍZO DO MECO

No hay comentarios:

Publicar un comentario